DIDAC. Santiago de Compostela
Hugo de Almeida Pinho
Comisariado: David Revés
Hugo de Almeida Pinho
Comisariado: David Revés
Hugo de Almeida Pinho presenta, nesta exposición na Fundación DIDAC, o terceiro momento dunha investigación ao redor das relacións establecidas entre a tecnoloxía, o humano e a natureza. Faino a través dun xesto de dobre sentido: tanto executando unha pequena arqueoloxía da tecnoloxía ao enfocarse en certos tipos de minerais naturais que están na súa base e que, por iso, desencadean na contemporaneidade procesos sociais, biolóxicos, económicos e políticos complexos, como tamén, de forma especulativa e crítica, tentando mapear movementos ao nivel das imaxes producidas polos dispositivos da técnica e da tecnoloxía e polos sistemas de arquivo e exposición, nas súas vertentes relacionais e simbólicas.
Hugo de Almeida Pinho (Ovar, Portugal, 1986) vive e traballa entre Oporto e París. Licenciado pola Facultade de Belas Artes da Universidade do Porto e na Marmara Universitesi en Estambul. Presentou o seu traballo en exposicións colectivas e individuais dende 2008. Becado pola Fundação Calouste Gulbenkian para a Residência 2019-2020 na Cité Internacionale des Arts, coa Beca do Institut Français/Camões París. Destacan as súas últimas exposicións individuais: «Paradox of Plenty» na Künstlerhaus Bethanien (Berlín, 2019) e «Pedra Pedra» en Appleton, Associaçao Cultural (Lisboa, 2018).
Exposición co apoio de