DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Faite membro

DIDAC é unha fundación de interese galego e sen ánimo de lucro, que nace coa intención de divulgar e proxectar o deseño e as artes contemporáneas. Se estás interesado/a en colaborar con nós e apoiar os fins de DIDAC existen diferentes formas de contribución que se detallan a continuación.

SelloCulturaMecenazgo

A Fundación DIDAC conta co selo de Cultura e Mecenado concedido polo Ministerio de Cultura y Deporte, a través da Unidade Cultura e Mecenado (dependente da Subdirección General de Promoción de Industrias Culturales y Mecenazgo), que ten como obxectivo avalar as institucións que o teñen, para fomentar o mecenado cultural, dando visibilidade aos proxectos que destaquen neste ámbito.

Segundo a Lei de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos, Lei 49/2002, de 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, incorporadas as modificacións que introduciu a Lei 27/2014, de 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades.
Os incentivos fiscais serán aplicables aos donativos, donacións e aportacións irrevocables, puros e simples, realizados en favor das entidades sen fins lucrativos como é a Fundación DIDAC

Os primeiros 250 € desgrava o 80%
Os seguintes desgravan o 40% co límite do 10% da base de cotización
A partir do terceiro ano se a aportación é igual ou superior aos dous anos anteriores, a dedución a partir dos primeros 250 € pasa ao 45% en vez do 40%, sempre co límite do 10% da base de cotización

Unha aportación de 250 € como donación a DIDAC, supón unha desgravación directa na cuota de IRPF de 200,00 € co cal o gasto real é de 50,00 €.

Unha aportación de 150 € como donación a DIDAC, supón unha desgravación directa na cuota de IRPF de 187,50 € co cal o gasto real é de 22,50 €.

Se nos dous períodos impositivos inmediatos anteriores se tivesen realizado donativos, donacións ou aportacións con dereito a dedución en favor dunha mesma entidade por importe igual ou superior, en cada un deles, ao do exercicio anterior, a porcentaxe de dedución aplicable á base da dedución en favor desa mesma entidade que exceda de 150€, será o 40%.


AMIGO/A

O obxectivo é reforzar o mantemento do proxecto cultural e axudar a establecer unha relación de cercanía coas audiencias.

Todos os amigos/as reciben as publicacións que se editan na Fundación de balde

Aportación anual 150 € -- FAITE AMIGO/A

Aportación anual 250 € -- FAITE AMIGO/A

 


Contamos coa colaboración de:
 
Ministerio de Cultura
Xunta de Galicia
Deputación da Coruña
Concello de Santiago de Compostela
Espazo colaborador:
Appleton