Ciclo Galicia. Un século de creación.
O ciclo de conferencias "Galicia. Un século de creación. 1916-2016" forma parte do proxecto DIDAC Arteria Galicia que dende hai un ano vense desenvolvendo na Fundación DIDAC. Este proxecto, que conta co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña e que desenvolverá agora a súa parte, naceu coa idea de afondar no patrimonio cultural de Galicia e a súa creatividad, contando coa colaboración de recoñecidos profesionais da arte, a arquitectura e o deseño, así como outras manifestacións artísticas.
Aínda que DIDAC é a sede principal do ciclo e do proxecto, algunhas das conferencias tamén serán impartidas noutros centros e institucións da provincia da Coruña. En todas elas, a asistencia ás conferencias é gratuíta tendo prioridade aquelas persoas que teñan realizado a inscrición previamente. Permitirase o acceso ata completar o aforo. Se desexas reservar a túa praza podes facelo no correo electrónico actividades@didac.gal.