Patrick Hamilton: la historia a contraluz
Patrick Hamilton: la historia a contraluz
Editado pola Fundación DIDAC e DARDO a propósito da mostra Patrick Hamilton. El ladrillo II que tivo lugar na Fundación DIDAC entre o 6 de setembro e o 19 de outubro, este libro realiza un percorrido polos últimos traballos do artista chileno.
A publicación inclúe unha introdución de David Barro, comisario da exposición e textos de Federico Galende, Miguel Ángel Hernández e Guillermo Machuca, así como unha conversación con Nelly Richard.
En palabras de David Barro “As obras de Patrick Hamilton gardan a ordenada tensión da exactitude manual coa mesma dedicación que o artista seleccionou aos autores dos textos deste libro. Porque un escultor precisa de tempo, como o artesá, e Patrick Hamilton mánchase as mans para conseguir a súa abstracción sucia e proletaria. Mentres, á hora de construír a historia criticamente, non anda moi lonxe de aquel construír eliminando de Giacometti. Porque unicamente é quen de protexer a súa cultura quen ten a ousadía de destilala e revelala para renovala, traballando o fóra de campo.”