DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Marcelo Ghio: Publicar diseño

Marcelo Ghio: Publicar diseño
 
encontro
DIDAC. Santiago de Compostela

sábado, 16 outubro, 2021 - 17:00

Conferencia de Marcelo Ghio, director editorial de Experimenta, no marco da 9ENAD (9º Encuentro Nacional de Asociaciones de Diseño)

Publicar Diseño é o título da charla de Marcelo Ghio que xirará en torno á importancia de consolidar o pensamento teórico, a difusión da actividade profesional e o rol dos medios no seu vínculo cos colectivos profesionais.

Marcelo Daniel Ghio é director de OXB Branding (Madrid / Buenos Aires), director Editorial de Experimenta Libros e de Experimenta Magazine (Madrid). Consultor en branding e xestión estratéxica de comunicación. Magíster en comunicación e xestión corporativa na Universidad Mayor Chile, Consultor en Design Thinking Universidad de Salamanca, diplomado en Comunicación Sustentable e xestión de RSE Universidad Mayor Chile, deseñador gráfico Universidad de Buenos Aires. É creador do concepto Oxitobrands e autor do libro Oxitobrands: marcas humanas para un mercado emocional. Dirixe desde 2011 OXB Branding, consultora de marcas, packaging e axencia de deseño, traballando para clientes de Arxentina, Perú, Ecuador, España, China, Japón e Singapur; para diferentes sectores e cunha alta especialización no sector do viño e a súa industria.

Entrada libre previa inscrición aquí