DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Xornadas Apertura EASD Mestre Mateo 2023

 
encontro
CGAC - Centro Galego de Arte Contemporánea

xoves, 2 novembro, 2023 - 10:00

O xoves 2 de novembro organízanse as xornadas de apertura da EASD Mestre Mateo 2023, en colaboración coa Fundación DIDAC e a Axencia Galega de Innovación no marco do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA. Este ano as conferencias orbitan ao redor dos materiais, a economía circular e o deseño, da man de David Barro, comisario de Galicia como país convidado da Porto Design Biennale; Isabel López-Rivadulla, directora de Comunicación e Marketing en SIGNUS Ecovalor; Deborah García Bello, divulgadora científica e o estudio de deseño Disolventes.